O goberno local valida os proxectos para humanizar o entorno de Churruca
O alcalde informou este venres da aprobación, adoptada na Xunta de Goberno Local, dos proxectos de obras de reforma das rúas Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e Calexón Rogelio Abalde, no entorno de Churruca, por importe superior ao medio millón de euros. <br />
bel Caballero deu conta esta mañá dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local, entre os que salientou o visto bo aos proxectos de humanización do entorno de Churruca, por importe de 528.000 euros.
Cun prazo de execución das obras de 6 meses, o Concello de Vigo acometerá nas nomeadas rúas a renovación das redes de saneamento, abastecemento e alumeado, soterrando ésta última e incorporando iluminación enerxéticamente eficiente. En superficie, a renovación incorporará os elementos tradicionais das humanizacións municipais, con beirarrúas de granito e máis verde.
Por outra banda, o goberno local tamén validou o proxecto de convenio coa Asociación de Mulleres Dorna, para o financiamento -con máis de 17.000 euros- do programa "Punto Informa", en Coia, e a realización dun concurso nos centros de ensino do barrio sobre violencia de xénero.
A este respecto, Caballero recordou que o goberno local sufraga case exclusivamente as actividades da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e o Concello conta cunha rede de servizos e recursos específicos para mulleres, como o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e a Rede Municipal de Acollemento, conformada por un centro de emerxencia e tres vivendas de protección.
Xerencia de Urbanismo
Antes da celebración da Xunta de Goberno Local, a Xerencia deu conta da concesión de 12 licenzas de obras e 2 de actividad para un investimento total de 217.000 euros. Salientou Caballero a autorización concedida para a rehabilitación da igrexa de Santiago de Vigo, en García Barbón.