O goberno local apoia con 15.000 euros as actividades da Federación de Peñas El Olivo
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Federación de Peñas Recreativas El Olivo, Camilo Pais, asinaron este xoves o convenio de colaboración polo que o Concello de Vigo achega á entidade 15.000 euros para axudar ao financiamento das actividades culturais e deportivas que organiza a Federación ao longo do presente ano.