mércores, 18 xuñ 2014
Co obxectivo de axilizar as solicitudes para o programa municipal de axudas extraordinarias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, o Concello ampliará as UBAS de Martínez Garrido e Coia os puntos de recollida de documentación que se suman á oficiña da Lonxa do Concello que xa funcionaba. Así o explicou o rexedor hoxe nunha rolda de prensa na que lembrou que o prazo de solicitude remata o 14 de xullo ás 13,30 horas.
mércores, 18 xuñ 2014
O próximo luns 23 de xuño, festividade de San Xoán, sairán autobuses desde Policarpo Sanz, Lloróns, Praza de España e Praza América cara a Samil cunha frecuencia de 10 minutos desde as 18,00 horas. Durante a noite, haberá un servizo especial de Vitrasa comunicando o centro coas praias cada 15 minutos.
mércores, 18 xuñ 2014
A Nocturna de San Xoán regresa este luns (21:15 horas) para disputar a trixésima primeira edición desta proba atlética co percorrido habitual: dende o Paseo de Granada (á altura do Concello) ata os soportais do Berbés, coa única variación de que o final de Tomás A. Alonso, en obras de humanización, esquívase por Camilo Veiga.
mércores, 18 xuñ 2014
Renfe e Iberia ofertan descontos nas súas viaxes á cidade de Vigo con motivo do 10º Festival de Jazz IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo.
mércores, 18 xuñ 2014
O mércores, 18 de xuño 2014 no Centro de Documentación e Recursos Feministas ás 19.00 horas, terá lugar a presentación da triloxía "Ámote Leo A.", de Rosa Aneiros. No acto estará a autora e Anaír Rodríguez de ed. Xerais