O alcalde pide retirar a redistribución territorial da lei do Poder Xudicial para manter a autonomía viguesa
Abel Caballero asegurou este mércores que "nos vale" a retirada da reorganización territorial -que fixa sedes únicas nas capitais de provincia- do anteproxecto de lei, que se manteña o sistema actual e, polo tanto, a autonomía xudicial de Vigo. O alcalde mantivo novas reunións cos procuradores e avogados.
O alcalde de Vigo celebrou hoxe sendas reunións con representantes dos colexios de Avogados e Procuradores, unha vez coñecido o posicionamento da comisión permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, favorable a concentrar os Tribunais de Instancia nas capitais de provincia. Tamén se entrevistou Caballero co director da Coral Casablanca, que ofrecerá o próximo venres, 27 de xuño, ás 21 horas na Porta do Sol un concerto en reivindicación do partido xudicial vigués.
O rexedor expresou que, desde un punto de vista de cidade, a Vigo lle serviría que o Ministerio de Xustiza respete a organización territorial actual e deixe o resto do anteproxecto presentado como está, ainda que Caballero se manifestou repetidamente en contra do contido do texto e solicita, en primeiro lugar, a súa retirada.
O primeiro edil vigués -quen pediu á cidadanía que acuda ao concerto da Coral Casablanca- constatou a posición compartida dos procuradores e avogados contraria á normativa, e recordou que o planteamento municipal ao respecto pasa pola retirada do anteproxecto e, de non ser así, que Vigo teña a súa sede referencial para o sur da provincia. De non definir o Ministerio a excepcionalidade viguesa, a cidade debe acoller o Tribunal de Instancia para toda a provincia e, adicionalmente, o desdobramento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Descargar todas as imaxes