Escoitar

Descontos en Renfe e Iberia para viaxar ao "IMAXINA SONS'14"

Renfe e Iberia ofertan descontos nas súas viaxes á cidade de Vigo con motivo do 10º Festival de Jazz IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo.

mércores, 18 xuñ 2014
1403080431imaxina10.jpg
No caso da operadora ferroviaria, será unha rebaixa do 35% en billetes que se aplicará sobre a tarifa xeral, e que é válida para calquera tipo de tren e clase na que se viaxe. As persoas interesadas poden descargar o bono no que se inclúe o número de autorización que deben introducir na página web da compañía á hora de comprar os billetes (congresos/eventos). O desconto estará activo para viaxar entre o 24 de xuño e o 7 de xullo.

O procedemento con Iberia será similar e aplicarase un desconto do 15% aos vós con destino a Vigo de Iberia Express, así como doutras aeroliñas do grupo como Vueling e Air Nostrum. Na página web do festival (www.imaxinasons.com) poderán enlazar directamente coa páxina da compañía aérea.
Descargar todas as imaxes