luns, 16 xuño 2014

Vigo acollerá en setembro a sétima edición do Congreso Internacional de Novos Empresarios de Galicia

luns, 16 xuñ 2014

Os días 25 e 26 de setembro celebrarase no Centro Social Novacaixagalicia baixo o lema "Talento en Rede". Trátase dun congreso configurado como lugar de debate e intercambio de experiencias para emprendedores e empresarios novos. O alcalde, Abel Caballero, asegurou que "en Vigo funcionamos no mundo da globalización" e eloxiou a organización desta proposta internacional.

Caballero compromete a cesión dun local para a Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares

luns, 16 xuñ 2014

Así o avanzou o rexedor despois dunha reunión mantida este luns cos responsables de ASEM, entidade coa que o goberno de Vigo colabora "de forma activa". Caballero indicou que lles felicitaron polas humanizacións realizadas, que lles facilitan os desprazamentos ás persoas con mobilidade reducida, explicou que ASEM é unha asociación de ámbito galego radicada en Vigo e na que a maior parte dos seus integrantes son vigueses. Plantearon apoio para conseguir un local e Caballero garantiu a cesión dun espazo para a súa actividade.

Posta á venda das entradas para o IMAXINA SONS'14

luns, 16 xuñ 2014

Hoxe luns, día 16, puxéronse á venda as entradas para a décima edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo; os concertos de pagamento desenvolveranse no Auditorio Municipal do Concello (5 € + gastos de xestión), e no salón de actos do Marco (3 € + gastos de xestión).As entradas poden mercarse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).