O goberno de Vigo aproba a contratación de 100 profesionais para tarefas de mellora na cidade
O alcalde informou este venres deste acordo, adoptado na Xunta de Goberno Local, que fai posible a contratación de 100 persoas para traballar "ao longo e ancho da cidade" en distintas tarefas, como mellora de beirarrúas e de instalacións municipais e limpeza de viais, entre outras. O Concello de Vigo achega ao efecto 680.000 euros.