O goberno local recibe a Vasoira de Platino que consolida a Vigo como "a cidade máis limpa de España"
Abel Caballero indicou que este galardón é "a máxima distinción que se outorga en España en limpeza e o platino é o rango superior". Subliñou o alcalde que Vigo recibe esta distinción por cuarto ano, "que nos coloca á cabeza de todos os concellos de España".
Abel Caballero recalcou que ésta é "a máxima distinción que se outorga en España en limpeza e o platino é o rango superior que hai de distinción. Significa que, nos anos 2013 e 2014, Vigo foi a cidade máis limpa de España".
O alcalde indicou que a urbe está "orgullosa" da limpeza do municipio, amosou a súa "satisfacción" por ter conseguido a distinción, avanzou que "seguiremos" no traballo para ser merecedores deste galardón en próximos anos e que a limpeza sexa "un elemento característico deste novo Vigo que estamos a facer entre todos".
Descargar todas as imaxes