Escoitar

Caballero anima á cidadanía a participar na sesión de baile deste venres na Praza da Constitución

"Segue o Baile" é unha iniciativa de Gas Natural que chega a Vigo este venres, de 18 a 20 horas na Praza de Constitución, unha sesión de baile con orquestra en directo con acceso libre e gratuito. O alcalde e o delegado Galicia Sur da empresa presentaron hoxe xoves na Alcaldía este evento lúdico.

xoves, 12 xuñ 2014
1402574061siguelbaile.JPG
O alcalde subliñou e recoñeceu á empresa a organización dunha "acción lúdica notable no centro de Vigo" este venres, coincidindo ademais coa celebración no entorno de Príncipe na Vigo Shopping Night. Caballero invitou á cidadanía a participar en ambas actividades.

O delegado Galicia Sur de Gas Natural, José Luis Pérez, agradeceu ao alcalde e o Concello a colaboración na actividade, pensada para todas as idades co obxectivo de "enriquecer a oferta de ocio" da cidade e "fomentar a participación cidadá".
Descargar todas as imaxes