Os alumnos do colexio Rodríguez Castelao xa gozan dunha pista deportiva cuberta
Abel Caballero achegouse hoxe mércores ata o colexio Alfonso Rodríguez Castelao para comprobar o resultado das obras da cuberta para o patio e a pista deportiva. O importe destes traballos foi de 154.000 euros que foron asumidos en exclusiva polo Concello a "pesar de ser un compromiso e unha obriga da Xunta de Galicia".
Os alumnos do colexio público Alfonso Rodríguez Castelao disfrutan xa dunha pista deportiva e de recreo cuberta, logo de que remataran as obras que realizou o Concello de Vigo. Tal e como detallou o rexedor durante a visita, trátase dunha estructura metálica duns 1.300 m2 que leva un panel de la de roca con chapa interior perforada, co obxectivo de atenuar o nivel sonoro. O importe da obra foi de preto de 155.000 euros, asumidos en exclusiva polo Concello. En declaracións aos medios, Caballero denunciou o abandono do Goberno autonómico e lembrou que o Concello acometeu esta obra a pesar de ser "unha competencia e un compromiso exclusivo da Xunta de Galicia", nos o fixemos "porque aínda que non é unha obriga legal, se é moral".
Asimesmo, o rexedor aproveitou a súa visita ao centro para lembrar que o colexio precisa unha ampliación porque está nun barrio moi populoso e son moitos os nenos que teñen que escolarizarse noutras zonas, polo que "seguimos esixindo que se amplíe o edificio que e a Xunta non ten pensado facer", subliñou.
Descargar todas as imaxes