Escoitar

O Concello inicia o servizo de atención policial nas praias con 15 axentes

O alcalde visitou Samil hoxe martes, base de operacións da sección Costa e Praia da Policía Local de Vigo, composta por 15 axentes en bicicleta que dan servizo aos usuarios de todos os areais vigueses ata o 15 de setembro. Tamén velarán pola seguridade 60 socorristas nos tres meses de verán.

martes, 10 xuñ 2014
1402401309polis.JPG
Os 15 axentes da sección policial de Costa e Praia comezaron xa a súa función de atención ás praias de Vigo, servizo que prestarán en todos os areais vigueses, incluíndo as Illas Cíes, das 06:30 ás 22:30 horas -ampliable en caso de ser preciso- ata o remate da época estival. O rexedor vigués loubou o "satisfactorio" da valoración cidadá desta experiencia, que definiu de "excepcional", nos anos anteriores.

Ao tempo, Caballero recordou que o Concello de Vigo xa contratou á Cruz Vermella o salvamento e socorrismo nas praias, unha ambulancia propia e 60 socorristas en total que vixiarán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns).

O alcalde explicou que o socorrismo estará presente cada dia durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde.
Descargar todas as imaxes