Escoitar

O goberno local concluirá a finais de ano a reforma do parque de Bombeiros de Teis

O alcalde visitou este luns a obra de remodelación, xa en marcha cun orzamento de 1,2 millóns e cunha duración estimada en sete meses. O Concello procura ter un parque "prácticamente novo" en Teis, pois está "mal feito, mal construído e pésimamente estruturado", para continuar posteriormente coa reforma do de Balaídos, segundo anunciou Caballero.

luns, 9 xuñ 2014
1402315087P6100570.JPG
Abel Caballero indicou que o goberno que preside busca crear "practicamente un parque de Bombeiros novo", cunha forma de funcionamento "distinta" que permita facelo "moi operativo".

O alcalde explicou que ata o momento o edificio presenta unha única porta de saída para dez vehículos, unha situación "difícil" en caso de emerxencia que fai "imposible seguir así". A remodelación, lista en sete meses, contempla habilitar un total de oito portas para dar saída a 16 camións, en bloques de dous. Ademais, o Concello tamén refará a zona de administración do inmoble e creará un novo espazo de convivencia para os bombeiros.

Unha vez rematada a obra en Teis, o goberno de Vigo contempla iniciar a "tamén imprescindible" reforma do parque de Balaídos, segundo expuxo Caballero, quen avanzou que esta dotación de emerxencia contará o próximo ano cun vehículo máis.
Descargar todas as imaxes