Caballero anima a participar e presenciar o I Trial Montes de Vigo que se organiza o domingo 8
Douscentos corredores se darán cita o domingo 8 de xuño no I Trial Montes de Vigo, "unha grande proba popular" de 25 kilómetros que terá a saída e a chegada en Fragoselo (Coruxo). Na presentación, o alcalde "invitou "a toda a cidade a participar e presenciar este evento que atravesa as parroquias de Coruxo, Saiáns, San Miguel de Oia, Comesaña e Valladares.
Abel Caballero e o presidente de Montes de Vigo, Uxío González, presentaron esta mañá de venres o I Tiral Montes de Vigo que se organizará o próximo domingo 8 con saída e chegada en Fragoselo (Coruxo). Está previsto que 200 deportistas participen nesta "grande proba popular" cun percorrido de 25 kilómetros que se rixe pola normativa da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada. Conta coas categorías absoluta, femenina e veteranos (maiores de 50 anos) e a saída será as 09,00 horas, mentres que a entrega de premios está prevista ás 13,00 horas. O percorrido atravesa as parroquias de Coruxo, Saiáns, San Miguel de Oia, Comesaña e Valladares.
Tal e como explicou o rexedor, o I Trial Montes de Vigo desenvólvese por asfalto, pista forestal e senda de monte e os corredores terán que afrontar pendentes de ata o 20%, tanto en descenso (monte de Coruxo) como de ascenso (monte Alba). O percorrido engloba unha superficie total de 650 hectáreas nos Montes de Vigo.
Descargar todas as imaxes