Escoitar

O alcalde salienta que a saída da crise pasa pola reactivación da construción

Na apertura no IFEVI do Salón da Construción de Galicia SICO 2014, Abel Caballero fixo este xoves un chamamento ao "optimismo" e reclamou de Europa políticas que posibiliten o financiamento dos proxectos. "A crise non se resolverá ata que a edificación e a construción se reactiven, e se reactivarán", asegurou o rexedor vigués, quen eloxiou o "esforzo" da organización na celebración da feira.

xoves, 5 xuñ 2014
1401975174sico.JPG
Abel Caballero expuxo durante o seu discurso que a celebración de SICO 2014 supón un "esforzo na procura da recuperación", felicitou á organización e recordou que a singular dureza da crise na construción tivo que ver coa "especulación" e non cos profesionais do sector.

O Salón da Construción de Galicia SICO 2014 -que cumple 10 anos como referencia do sector no noroeste peninsular- abre hoxe e mañá venres as súas portas para o público profesional, mentres que o público xeral poderá acceder ao IFEVI durante a fin de semana, cun prezo de dous euros. A Feira trasladou a súa data de inicio para facela coincidir co Día Mundial do Medioambiente e Abel Caballero recordou o "factor imprescindible" da sostenibilidade, tamén nesta actividade.

A organización agarda a presenza duns 10.000 visitantes durante as catro xornadas, dos que 2.000 serán profesionais inscritos. Os asistentes atoparán un centenar de expositores de toda a península representando a 300 firmas, ademais de poder presenciar case trinta ponencias, xornadas técnicas e demostracións en vivo.

SICO busca situarse entre os primeiros salóns nacionais, con espazo de negocio onde amosar novos produtos e innovacións tecnolóxicas, e aposta por impulsar unha actividade básica na economía incluíndo na oferta expositiva sectores estratéxicos como os tratamentos exteriores, as instalacións, proteccións e obra pública.
Descargar todas as imaxes