Escoitar

1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico

1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico, un concurso aberto para escritores que terán a posibilidade de ver a súa obra editada, ademais de recibir un premio económico (un primeiro premio e cinco accesits) que colabora coa O.N.G "A las 5 Acción Solidaria de Emergencia". alas5.org

mércores, 4 xuñ 2014
1401884560vigohistorico.jpg.jpg
Os vigueses chamamos ao noso barrio histórico "Casco Vello",é a zona vella de Vigo que está a vivir a súa nova xuventude, un pequeno pobo en medio dunha cidade industrial e buliciosa. Arquitectura, cultura, gastronomía, o tradicional e o contemporáneo, nun percorrido por unha multitude de rúas que che transportan ao pasado rodeado polos comercios máis encantadores e decenas de tascas e bares que esperan entre as súas rúas empedradas. O lugar onde se suceden as historias máis sorprendentes.

No 1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico a temática é libre e a acción deberá transcorrer na Zona Histórica de Vigo, que ademais do "Casco Vello" engloba eses oasis, que repartidos pola cidade representan eses mesmos valores. Para aqueles que non tivesen a oportunidade de coñecer a cidade, facilitaremos enlaces con información e contido audiovisual e animámosvos a que indaguedes polo ciberespacio.

http://www.turismodevigo.org/es

O xurado está composto por: Carlos Oroza, Bieito Ledo, Antón Pulido,Avelina Rodríguez (Profra. Int. Santo Tomé) e Julio Alonso (Profr. Int.Manuel Antonio).

Para participar descárgache as bases e envíanos o teu relato antes do 4 de Setembro de 2014 a info@editorialelvira.es.
Descargar todas as imaxes