Escoitar

Programa do "III FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO"

Do 4 ao 8 de xuño, celébrase a terceira edición do "Festival Primavera do Cine", organizado polas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. Dun total de case 200 obras recibidas seleccionaronse 7 na categoría de longametraxes; 14 obras competirán en curtametraxes e 13 producións completan o festival coa categoría de videoclips.

mércores, 4 xuñ 2014
1401882738ceinefestival.jpg
Dun total de case 200 obras recibidas, a selección foi a seguinte:

- Na categoría de longametraxes, foron 7 as producións escollidas para a competencia, entre os que cabe sinalar, por exemplo, "A pegada dos avós" obra do director Xosé Abad, gañador da segunda edición do festival, ou películas estreadas no Festival de San Sebastián e seleccionadas para participar nalgúns dos festivais de cine máis importantes do mundo, como "El Rayo" de Fran Araújo ou "O pequeno mago" de Roque Cameselle, que dan boa mostra da saúde do talento cinematográfico galego.

- Na categoría de curtametraxes, competirán 14 obras que se proxectarán, como ven sendo habitual, en tres bloques cunha duración dunha hora aproximadamente. Entre as curtametraxes participantes atópase "3-1=0" de Juan Galiñanes, gañadora recentemente do Mestre Mateo nesta categoría, ou "Dinosaurios en 3D" de Juan Beiro, premiada en festivais de Italia, Colombia e España.

O público será quen decida cal é a obra que resultará gañadora, manténdose o xurado popular en todas as categorías.

Complétase o festival coa categoría de videoclips na que entrarán a concurso 13 producións.

No documento que se achega pódese consultar os horarios de proxección previstos. As proxeccións terán lugar do 4 ao 8 de xuño, no salón de actos do Marco e no Auditorio Municipal do Concello.
Descargar todas as imaxes

Máis información