Escoitar

O Concello alerta do tránsito de aves nos aledaños de A Bouza con sinais de tráfico

O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao humedal de A Bouza para conmemorar o día Internacial do Medio Ambiente, que se celebra mañá. Durante a visita, Caballero coñeceu as dúas sinais de precaución coas que o Concello pretende preservar as aves que cada ano saen do humedal cara ao río Lagares.

mércores, 4 xuñ 2014
1401883199medioambiente.JPG
Baixo o lema: Alza tu voz y no el nivel del mar, o Concello de Vigo súmase á celebración do día Internacional do Medio Ambiente coa instalación de dúas sinais na rúa Padre Seixas que alertan do tránsito de aves e patos que, en apenas dúas semanas, sairán do humedal de A Bouza cara ao río Lagares. Esta iniciativa súmase ao proceso de recuperación desta zona que iniciou anos atrás o goberno local e que, grazas ao traballo de miles de voluntarios, permite a proliferación de aves. Concretamente, detallou o rexedor, límpanse as especias invasoras, realízanse traballos de desratización, así como a achega de dúas piscinas de augua para renovar o humedal que se vai secando pola climatoloxía. Netes momentos, explicou o rexedor, temos humedais en A Bouza, Goberna, Muíños, O Vao, Barreiro e Fontes-Pertegueiras.

Segundo avanzou, en Vigo hai 4.5000 persoas movéndose no voluntarioado do Camiño a Camiño e nas hortas urbanas, nas que traballan 600 persoas e preto de 400 inscritos. A esta cifra hai que sumar outros máis de 4.000 mil participantes no Camiño a Camiño, realizando actividades de sensibilización cidadá. Rematou referíndose as obras da nova depuradora como a maior contribución da cidade ao Medio Ambiente.
Descargar todas as imaxes