Escoitar

Filme "O Apóstolo"

Este sábado no Auditorio Municipal hai unha cita co cine de animación en 3D stop-motion coa proxeccion do film "O Apóstolo" e que programa o Servizo Municipal de Normalización Lingüística Podedes recoller as invitacións no devandito servizo na praza do Rei.

mércores, 4 xuñ 2014
1401883858apostolo.jpg
"O Apóstolo" narra unha escura historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que se mestura o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso fugado do cárcere, verase envolto en estraños e inquietantes sucesos ao tentar recuperar un botín que escondera anos atrás nunha arredada aldea desta ruta. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, un peculiar sacerdote, e até o arcipreste de Santiago conflúen nunha trama aderezada de misterio e intriga que fará que o protagonista se teña que afrontar a unha condena meirande da que conseguira escapar.

Luís Tosar, Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Manquiña, Carlos Blanco, Paul Naschy, Celso Bugallo, Xose Manuel Olveira "Pico", Isabel Blanco son algúns dos actores e actrices que lles poñen voz a estes personaxes de animación, nesta primeira película europea en stop-motion 3D. Foi dirixida por Fernando Cortizo.
Descargar todas as imaxes