Escoitar

Caballero insta ao Fogasa e a Facenda a negociar con Pórtico para manter os 180 empregos

O alcalde de Vigo instou hoxe xoves aos responsables do Fondo de Garantía Salarial e de Facenda a negociar para que a empresa Pórtico poida seguir funcionando e, polo tanto, mantendo os 180 postos de traballo. Logo de manter un encontro co comité de empresa, Caballero explicou que estas administracións dan "mostra dunha inflexibilidade intolerable" ao ser o único escollo que nestes momentos ten a compañía para ser viable.

xoves, 5 xuñ 2014
1401974833portico.JPG
Abel Caballero trasladou hoxe ao comité de empresa de Pórtico o apoio de toda a cidade na súa defensa da continuidade desta empresa viguesa. Logo de intercambiar opinións durante unha reunión, o rexedor subliñou que nestes momentos a viabilidade da empresa depende só da acción das admistracións. Neste punto, apelou ao Fondo de Garantía Salarial e a Facenda a negociar e aceptar unha minoración menor -pouco máis dun millón de euros- de débeda, unha vez que a empresa fixo aportación de capital, e que os traballadores fixeron xa o esforzo de asumir un ere de extinción ademáis de aceptar unha moderación salarial.

Caballero asegurou que as administracións están dando mostra dunha "inflexibilidade intolerable" e fixo un chamamento para que non peche unha empresa viguesa e despida a 180 traballadores.
Descargar todas as imaxes