Escoitar

O Concello conmemora con Air France os dez anos do voo Vigo-París

O Concello de Vigo celebra este xoves coa compañía o décimo aniversario da conexión entre Peinador e o Charles de Gaulle, o primeiro voo internacional galego e o único que actualmente opera sen ningunha achega pública. Caballero subliñou a importancia desta ruta, que conecta a Vigo con numerosos destinos internacionais.

xoves, 5 xuñ 2014
1401974665france.JPG
Abel Caballero felicitou hoxe xoves ao director xeral de Air France para a Península Ibércia, Vincent Coste, pola "gran aposta" que fai pola cidade de Vigo. Así o trasladou durante o acto de celebración do décimo aniversario da conexión entre Peinador e Charles de Gaulle. Caballero reiterou a vontade do goberno local de seguir apoiando a terminal de Vigo e reclamou do resto das administracións trato igualitario. Neste punto, resaltou que esta conexión con París desde Vigo susténtase con mercado, sen axudas, a pesar de sofrir a competencia desleal de Santiago e Oporto con subvencións que desvirtúan o mercado. O acto de conmemoración tivo lugar los xardíns do Pazo Quiñones de León e contou coa presenza dun nutrido número de representantes políticos, empresariais e sociais.
Descargar todas as imaxes