Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 5 xuñ 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 6 DE XUÑO DE 2014.

1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 23 de maio de 2014.
ADMON. TRIBUTOS
2.- Dar conta da Resolución de data 21.05.14 pola que se aproba o Padrón fiscal da taxa da recollida do lixo de vivendas do exercizo 2014. Expte. 43714/513.

3.- Dar conta da Resolución de data 19.05.14 pola que se aproba o Padrón fiscal de Exaccións Unificadas de Industriais do exercizo 2014. Expte. 46360/513.

ASESORÍA XURÍDICA
4.- Dar conta de Sentenza e Autos:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra no RC-A nº 86/2013 P.A. Demandante: D. MANUEL PORTAS ACHA. Resolución 17.04.2013 (E.P. Imputación), responsabilidade patrimonial por caída da na rúa pública, sumidoiro sen tapa. Estimado parcialmente o recurso. Expte. 7913/111.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 2/2014 P.A. Demandante: Dª ELVIRA MOREIRA VALLEZ. Resolución do 11.11.2013, reponsabilidade patrimonial, caída no mercado do Calvario. Desestimado o recurso. Expte. 8377/111

c) Sentenza do TSXG, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4ª, no RC-A Nº 15175/2013 P.O. Demandante: SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELÉGRAFOS S.A. T. E-A de GALICIA. Resolución do 25-01-2013: Desestimación da resolución do Concello de Vigo sobre IAE 2007 – 2010 . Desestimado o recurso. Expte. 7974/111.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A P.A. Nº 308/2013. Demandante: D. DIEGO ALONSO RODRÍGUEZ. Obxecto: Resolución do 10.10.2013. SANCIÓN DE TRÁFICO, condución empregando teléfono móbil (Expte.: 138606438). Desestimado o recurso. Expte. 8346/111.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.A. nº 46/2014. Demandante: D. RAFAEL MOLEDO ALONSO e tres máis. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación retributiva, suboficiais bombeiros. Desestimado o recurso. Expte. 8486/111.
f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 47/2014 P.A. Demandante: D. José Martínez Pose. Resolución do 25.11.2013 (E.P.), responsabilidade patrimonial, RPA, caída na praza da Estrela. Desestimado o recurso. Expte. 8495/111.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A P.A. nº 26/2014. Demandante: Dª PAULA OANES PAZOS. Obxecto: Desestimación presunta de prestación e inactividade. Retirada de arborado e vexetación na Guía (en parcelas privadas). Desestimado o recurso. Expte. 8394/111.

h)Sentenza do X. Social nº 4 de Vigo no Procedemento 313/2013 (M.S.C.T.). Demandante: Dª VERÓNICA COSTAS RODRÍGUEZ. Obxecto: Comunicación de GALAICONTROL do 18.2.2013. Desestimado o recurso.Expte. 7904/111.

Sentenza do TSXG, Sala do Social, no rec. Suplicación 2806/2013, interposto contra a precedente sentenza. Estimado o recurso.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 52/2014 P.A. Demandante: XUNTA DE GALICIA. Desestimación presunta do requirimento previo. Recibos de auga, embargo, devolución de ingresos indebidos. Estimado o recurso. Expte. 8494/111.

k) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo RC-A nº 39/2014 P.A. Demandante: LUÍS RODRÍGUEZ CADARSO DE LA PEÑA. Inexecución do acordo da X.G.L. Do 25.3.2011. Estimado o recurso. Expte. 8487/111.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº2 de Santiago de Compostela no RC-A nº 889/2010 P.O. Demandante: D. JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ RICOY. Resolución de Augas de Galicia do 30.03.2005. Aprobación expediente obras da EDAR do lagares ("anteproxecto"). Expte.: OH.336.885 (colector). Inadmitido o recurso. Expte. 6393/111.

m) Sentenza do X. Contencioso-administrativo nº 4 de A Coruña. Recurso: Procedemento Abreviado nº 44/2014, en materia de sancións de tráfico. Demandante: GONZALO DÍAZ OTERO. Obxecto: Resolución do 10.12.13., A Sentenza estima o recurso. Expte. 8516/111.

n) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 124/2010 p.o. Demandante: D. MIGUEL A. ÁLVAREZ ÁLVAREZ. Reclamación de cantidades por obras na cidade. Convenio Concello-Deputación de Pontevedra do 29.03.2007. Desestimado o recurso.
Sentenza do TSXG, Sala do C-A, no recurso de apelación nº 4041/2014 interposto contra a precedente sentenza. Demandante: D. MIGUEL A. ÁLVAREZ ÁLVAREZ. Desestimado o recurso. Expte. 6478/111.

o) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.O. Nº 47/2011. Demandante: CONSTRUCCIONES AIS, S.L. Obxecto: sobre a ocupación privativa de quiosco na beirarrúa, Gran Vía nº 134. Estimado o recurso.

Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección /2ª, no rec. Apelación nº 4042/2014 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra a devandita sentenza. Estimado o recurso. Expte. 6660/111.

p) Sentenza do TSXG na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3ª RC-A nº 3/7199/2012 P.O. Demandante: Dª CÁNDIDA DOMÍNGUEZ ALONSO. Resolución do 16/07/2010 e (17/01/2012) da Consellería de Medio Ambiente. Aprobación de Proxecto de Expropiación Forzosa, por taxación conxunta, do novo hospital. Finca nº 158. Estimado o recurso. Expte. 7883/111.

q) Sentenza do X. Contencioso-administrativo nº 2 de Vigo no procedemento abreviado nº 74/2014. Demandante: ANGÉLICA MARLENE ZAMBRANO ORDÓÑEZ. Obxecto: Resolución desestimatoria do recurso de reposición presentado contra a resolución da XGL do 22/11/2013 que desestimou a solicitude de axuda contra a crise convocada polo Concello de Vigo. Expte. 8541/111.

BENESTAR SOCIAL
5.- Dar conta da relación de persoas dadas de alta no Servizo de Axuda no Fogar durante os meses de marzo, abril e maio de 2014. Expte. 89458/301.

CONTRATACIÓN
6.- Devolución de garantías:
a) Sagres S.L. Expte. 4836/241.
b) Talleres Fontán. Expte. 4842/241.

DEPORTES
7.- Proposta de autorización para organizar o "Campionato Galego de Escalada en Bloque" o 7 de xuño de 2014. Expte. 13133/333.

8.- Proposta de autorización para organizar o "I Trail Montes de Vigo" o 8 de xuño de 2014. Expte. 13121/333.
9.- Proposta de autorización para organizar a "Festa do deporte adaptado" o 15 de xuño de 2014. Expte. 13138/333.

10.- Proposta de autorización para organizar a " III Marcha ciclista Unicef-pedaleando por la infancia" o 22 de xuño de 2014. Expte. 12953/333.

MEDIO AMBIENTE
11.- Proxecto de convenio coa Cruz Vermella Española para o servizo de primeiros auxilios e transporte sanitario noa areais do termo municipal de Vigo para o ano 2014. Expte. 10170/306.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
12.- Proposta de autorización para a creación e rexistro dun arquivo persoal de Rexistro municipal de Asociacións. Expte. 6572/320.

POLICÍA LOCAL
13.- Incoación de expediente disciplinario ao Policía con NIP 294527. Expte. 40762/212.

RECURSOS HUMANOS
14.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de abril de 2014. Expte. 25277/220.

15.- Rectificación de erro nos acordos da X.Goberno local de 20.09.10 e 16.05.14, en relación a importe da produtividade. Expte. 25293/220

16.- Liquidación xuros na execución 230/2013 do Xulgado do Social nº5 nos autos 20/2013 seguido a instancia de Dª. Enma Díaz Lopez. Expte. 25284/220.

17.- Liquidación de xuros na execución 287/2012 do Xulgado do Social nº2 no procedemento 1341/2011 seguido a instancia de Dª. Maria del Carmen Mouriño Barros. Expte. 25268/220.

SERVIZOS
18.- Dar conta da tramitación do expediente "Renovación de redes de abastecemento e saneamento na baixada a Mestre Chané" (inversións Aqualia). Expte. 2465/440.

19.- Proposta para a redacción do proxecto para o "reforzo da rede de abastecemento na parroquia de Valadares, estrada da Venda". Expte. 2639/443.

20.- Deficiencias nas obras de "instalación de rede separativa de pluviais, renovación da rede de abastecemento, saneamento e mellora da eficiencia lumínica na rúa Tomas A. Alonso". Expte. 2586/443.

TRANSPORTES
21.- Personamento en RC-A nº 7017/2014 interposto por Viguesa de Transportes S.L. contra a resolución de 14.02.13 da Dirección Xeral de comercio da Concellería de Economía e Industria. Expte. 351/449.

TURISMO
22.- Solicitude de subvención á Xunta de Galicia para o acto de apertura do "Festival poético piromusical cidade de Vigo-Vila de Bouzas 2014". Expte. 5175/104.

XUVENTUDE
23.- Programa de actividades de Verán Xove 2014. Expte. 4193/336.

24.- Proxecto de convenio con APAMP, Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca. Expte. 4136/336.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 6 de xuño de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 4 de xuño de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.