O MARCO inaugura a exposición ‘EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO’
O Marco inaugura hoxe a mostra "Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento", comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, un proxecto realizado en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.Pola tarde, ás 20.00, durante a inauguración da exposición, terá lugar a performance Mapamundi accidental (2014), do artista Juan Fernando de Laiglesia, participante na exposición.
Sempre existiu un vínculo entre a arte e o coñecemento ou o saber científico. Non podemos esquecer, por exemplo, o papel relevante que a perspectiva tivo no Renacemento como instrumento para aplicar unha concepción do espazo tridimensional. Por outra banda, moitos artistas non desestimarían a consideración do creador ao modo de Leonardo, en tanto que alguén dedicado a investigar os segredos da natureza e a rexistrar as súas dinámicas. Vínculos similares entre un sistema de percepción e medida técnico e a imaxe plástica podemos atopar noutros momentos da historia da cultura, como o nacemento da fotografía.
Pero, ademais, na nosa modernidade técnica, habemos concluír que moitos dos resultados e procedementos do coñecemento científico dependen en boa medida da súa visualización e construción en imaxes. Con frecuencia, a proba física destes procesos de experimentación, a súa proba experimental tanxible, desemboca na imaxe. Este proxecto expositivo, froito da colaboración do MARCO e a Universidade de Vigo, no que participan máis dunha trintena de creadores e grupos de investigación, mostra como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.
Descargar todas as imaxes