Escoitar

Caballero destaca o "orgullo de gran cidade" na entrega das dez bandeiras azúis para Vigo

O alcalde amosou hoxe venres o "orgullo de gran cidade" por conseguir as dez bandeiras azúis solicitadas e que Vigo se convirta, xunto a Cartaxena, na cidade española con maior número de recoñecementos mediambientais nas praias. O Concello de Vigo recibiu tamén a distinción "Sendeiro Azul" para a senda do río Lagares.

venres, 6 xuñ 2014
1402059468banderazul.JPG
O alcalde recibiu hoxe con "orgullo de gran cidade" as dez bandeiras azúis que lle foron entragadas esta mañá de venres no Museo do Mar, nun acto no que se outorgaban estas distincións a todos os municipios galegos. Durante a entrega, na que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde amosou a súa satisfacción porque Vigo revalida no 2014 as nove bandeiras azuis do pasado ano, distincións que recoñecen a calidade e servizos dos areais do Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muiños do Fortiñón, Canido e Fontaíña, situándose con Cartaxena como a urbe con máis bandeiras azuis de España. Tamén mantén, engadiu, a distinción de sendeiro azul do Lagares ao "Camiño Beiramar".
Descargar todas as imaxes