O Concello regulariza e inscribe como propiedade municipal os espazos do entorno das Torres Ifer
A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento da resolución sobre a regularización da propiedade dos espazos situados no contorno das Torres Ifer. Deste xeito, o Concello regulariza unha situación que ven do ano 1994 e, por fin, estes terreos xa están inscritos no Rexistro como propiedade municipal.
O alcalde de Vigo amosou hoxe a súa satisfacción ao anunciar que, por fin e tras 20 anos de situación irregular, o Concello realizou a inscripción dos terreos que se lle cederon no contorno das Torres Ifer no ano 1994. Esta é a primeira vez que un goberno cumpre coa obriga de rexistrar estes espazos como propiedade municipal, argumentou, aproveitando para "felicitar á concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, e a todo o seu equipo". Á regularización destes terreos, que xa son de dominio e uso público, hai que sumar o rexistro das 40 vivendas de República Argentina, engadiu o rexedor, destacando así mesmo que o actual goberno ten conseguido que "todos os dereitos do Concello sobre espazos estean no Rexistro".
Na Xerencia de Urbanismo desta mañá aprobáronse definitivamente 8 axudas para a rehabilitación por importe de 113.000 euros. Tamén se concederon 13 licenzas de obra e 5 de actividade para un investimento de 1,6 millóns. En rolda de prensa, o rexedor destacou a autorización ao supermercado Lidl, que abrirá as súas portas na Florida, 108. Outras dúas das licenzas aprobadas hoxe son para que Unión Fenosa derribe dúas vivendas e un taller -que xa foron expropiadas- no camiño de Sabarís, no ámbito da futura subestación de Fenosa en Balaídos.