Escoitar

Obradoiros de verán da Escola municipal de teatro (EMT)

O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para os obradoiros monográficos de verán 2014 da Escola municipal de teatro (EMT), co obxectivo de ofrecer aos participantes recursos técnicos e creativos complementarios á súa formación. Cunha compoñente fundamentalmente práctica, están dirixidos a persoas maiores de 15 anos con relación e/ou afección co mundo do teatro.

venres, 6 xuñ 2014
Os obradoiros que se ofertan son os seguintes:
- Creación teatral
Datas: do 30 de xuño ao 4 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h

- Interpretación ante a cámara
Datas: do 7 ao 11 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h

- Teatro musical
Datas: do 14 ao 18 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h

O prazo de preinscripción será do 9 ao 24 de xuño. A presentación de solicitudes poderase facer nas instalacións da EMT (Avda Castelao 87-interior) en horario de 17,00h a 20,00h ou on-line na páxina hoxe.vigo.org/emt.

A lista de admitidos publicarase o 25 de xuño e a matrícula formalizarase os días 26 e 27 de xuño.
O prezo de cada obradoiro é de 47,60 euros

Máis información:
Escola municipal de teatro. Tlfno: 986-485324. Correo electrónico: em.teatro@vigo.org