O alcalde salienta o deseño "máis moderno" da humanización de Jenaro de la Fuente
Abel Caballero visitou hoxe xoves os traballos de mellora que acomete o Concello en Jenaro de la Fuente, entre as rúas Aragón e Toledo, cun investimento total de 242.000 euros. A renovación, "a punto de ser acabada", incluirá novas canalizacións de servizos e a remodelación en superficie, con "mezclas e combinacións de cores".