Inauguración da exposición Afinidades Selectivas 7 na Casa Galega da Cultura
Este mércores día 11 de xuño, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura a exposición "Afinidades Selectivas 7", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo. A mostra da continuidade a un proxecto iniciado no ano 2008, baixo o comisariado de Susana Cendán, e que continua a evolucionar nesta sétima edición, xa perfectamente integrado na axenda cultural da cidade de Vigo.
O platexamento da exposición continúa na procura de afinidades entre docentes da Facultade de Belas Artes e discentes que pasaron polas súas aulas. Os enriquecedores debates e diálogos que se producen nas aulas da facultade trasládanse ao espacio expositivo da Casa Galega da Cultura para que os espectadores compartan eses intercambios de experiencias visuais, plásticas, conceptuais.
A exposición articulase a través dunha sucesión de eleccións por afinidade: a comisaria selecciona catro profesores (Anxel Huete, Silvia García, Fernando Suárez e Mónica Ortuzar) que á súa vez elixen a catro alumnos/as e exalumnos/as da Facultade de BBAA de Pontevedra en función das súas afinidades, non necesariamente estéticas, senón tamén poéticas, culturais ou de vida.
No proxecto non hai unha liña temática ou discursiva común senón unha heteroxoneidade de intereses que coinciden básicamente no cultivo incesante da creatividade.
Como en edicións anteriores, procúrase amosar a riqueza dun diálogo interxeracional no que non existen xerarquías. Fora da facultade non hai profesores e alumnos/as, non hai diferenzas de grado, sólo hai artistas que tenden pontes de comunicación entre eles, que despliegan as súas formas, conceptos, discursos, artistas que, en definitiva, afrontan os seus traballos cos mesmos desexos, ilusións, dúbidas e certezas.