Escoitar

A Fundación Provigo súmase por unanimidade ao apoio do partido xudicial de Vigo

O alcalde avanzou hoxe martes o rexeitamento unánime dos membros da Fundación Provigo a que a cidade perda o seu partido xudicial. Esta mañá, durante un encontro do Padroado, tamén decidiron encargar un informe para realizar un estudo sobre o posicionamento estratéxico de Vigo de cara a 2015.

martes, 10 xuñ 2014
1402401430provigo.JPG
Abel Caballero anunciou hoxe martes que todos os membros da Fundación Provigo acordaron por unanimidade apoiar o partido xudicial de Vigo e transmitir esta opinión ao Consello do Poder Xudicial que o xoves emitirá o seu informe sobre o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O obxectivo, dixo, é conseguir que este organismo teña en conta os problemas que acarrearía a nosa cidade o desmantelamento das súas infraestruturas xudiciais.

Durante a reunión do Patroado da Fundación Provigo, tamén se decidiu seguir coas xornadas loxísticas que se veñen organizando, de xeito, que o próximo venres 20 de xuño, será a ocasión de analizar o transporte de mercadorías, en contacto coas grandes industrias e o porto de Vigo, unha cuestión "central" para o desenvolvemento económico de Vigo.

Posicionamento estratéxico
Abel Caballero tamén deu conta da decisión de Provigo de establecer as bases que permitan realizar un estudo sobre o posicionamento estratéxico da cidade, nun momento no que estamos a saír da crise e entrando nun novo estadio económico. "É o mellor momento", precisou, de estudar a aclosión dos sectores tradicionais nesta nova dinámica económica, de estudar novos sectores e de explorar novas oportunidades de negocio. Na súa opinión, este traballo debe facerse desde Provigo, a pesares do abandono da Xunta, da Deputación ou da Autoridade Portuaria. Según os seus cálculos, este ano habería que elaborar os elementos centrais dese estudo para poder contratalo e que poidera estar rematado a finais de 2015.
Descargar todas as imaxes