Xornadas "Arte en acción" na Fundación Laxeiro
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza unhas xornadas de arte de acción, de investigación e divulgación de aspectos que conforman a arte do noso tempo. As xornadas terán lugar o martes e mércores na sede da Fundación Laxeiro.

Arte en Acción combina unha parte teórica, onde se fará un achegamento ao contexto histórico da performance, dende as súas orixes nas vangardas históricas, ata a actualidade, e unha parte práctica, coa realización de sinxelos exercicios de aproximación á linguaxe corporal, que partirán do xogo como premisa principal e se recrearán accións curtas de artistas coñecidos que hoxe en día son clásicos desta disciplina.
As xornadas finalizarán coa participación de tres artistas, unha delas, a propia directora das xornadas, e dúas artistas convidadas: Sylvia Peceño, Teresa Búa e Susana Robles.
SYLVIA PECEÑO é Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Castilla- La Mancha. Foi gañadora dunha bolsa na Universidad Autónoma del Estado de Morelos, Facultad de Artes, en México, onde residirá durante un ano. É a raíz desta experiencia cando comeza a interesarse polas desigualdades sociais que, dende entón, conformarán o eixo fundamental do seu traballo artístico. Actualmente reside en Pontevedra, onde cursa o Máster en Arte contemporánea. Investigación e Creación da Universidade de Vigo.
TERESA BÚA (Muxía, A Coruña, en 1991). Estudou Belas artes nas Universidades de Vigo, Kingston e a Politécnica de Valencia. Filla de fotógrafo, afeita a estar a un lado e outro da cámara, cando comeza a desenvolver os seus propios traballos, atopa a súa posición como autorasuxeito e obra obxecto. A partir desa posición, a medio camiño entre a autoría e a obra, busca descubrir a(s) súa(s) identidade(s) a través de tódolo que afecta á súa experiencia.
SUSANA ROBLES. Natural de León, tras rematar a súa formación como arquitecta en Madrid, comeza a relacionarse coa arte contemporánea a través de cursos e seminarios que recibe, entre outros, de Paloma Calle, Itziar Okariz ou Alfredo Escapa. Na actualidade está cursando o Máster en Arte contemporánea. Investigación e Creación da Universidade de Vigo, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a través do que participou nun percorrido performático pola cidade de Pontevedra, dentro do programa Culturgal, Feira de industrias culturais, en 2013. Con intereses centrados fundamentalmente na música e no espazo, Susana Robles centra o seu traballo no xogo entre emotividade e racionalidade
Descargar todas as imaxes