Escoitar

O goberno local outorgou esta semana 62 axudas para alimentación, vivenda e enerxía

Ao longo da última semana, segundo informou este mércores o alcalde, o Concello de Vigo concedeu 62 novas axudas de emerxencia para pagar o aluguer, a hipoteca, a alimentación e a enerxía. Nas últimas tres semanas, o goberno local deu 92 para comida, 69 para vivenda e 68 para luz e calefacción.

mércores, 11 xuñ 2014
Abel Caballero informou das 62 achegas concedidas ao longo da última semana polo Concello de Vigo para as necesidades básicas de familias en situación de emerxencia: 21 para alimentación, outras tantas para a vivenda e 20 máis para facer fronte ao gasto da auga. Ao longo das tres últimas semanas, subliñou o alcalde, foron 92 os pagos para alimentos, 69 para aluguer e hipoteca, e 68 para luz e calefacción.