Caballero amosou o seu "recoñecemento" ao traballo do Instituto Español de Oceanografía "en España e en Vigo"
O alcalde participou este mércores na visita realizada ao Ramón Margalef, "o mellor buque oceanográfico que hai en toda Europa", feito en Armón e botado en Vigo. O Instituto Español de Oceanografía celebra o seu centenario e Caballero trasladou o seu apoio e "recoñecemento" ao seu traballo tanto no Estado como na cidade.
O IEO celebra o seu centenario -á sede viguesa tocaralle dentro de tres anos- e o goberno de Vigo apoia os actos de celebración. Caballero afirmou que "estamos cooperando na acción do Instituto Español de Oceanografía, que ten en Vigo a súa principal base de buques oceanográficos".
Descargar todas as imaxes