O Concello achega 606.000 euros a FOANPAS para conceder bolsas de comedor escolar
Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Federación de Pais e Nais de Alumnos, unha aportación de 606.000 euros para que a entidade xestione parte das 5.000 bolsas de comedor que outorga o Concello. O alcalde recordou que, por primeira vez, non existe lista de agarda para recibir esta axuda.
Abel Caballero expuxo que todas as bolsas de comedor escolar que xestiona a Federación se financian polo Concello de Vigo, recordou a concesión de 5.000 axudas no curso que remata e salientou que, por primeira vez na historia, o goberno de Vigo carece de lista de agarda.
Asegurou o rexedor vigués que o goberno que encabeza tamén as necesidades de nenos e familias durante o verán, nas propias casas das familias, e que o Concello de Vigo cubriu no presente orzamento municipal o recorte de case 200.000 euros da Xunta de Galicia neste concepto.
Xerencia de Urbanismo
Caballero informou asemade dos principais asuntos abordados no Consello celebrado hoxe venres, entre os que salientou a declaración de deserto do procedemento de adxudicación de dous pisos do Concello en Navia para personas con mobilidade reducida, en réxime de aluguer protexido. O rexedor explicou que non houbo solicitantes pese a requerirse un aluguer próximo aos cen euros mensuais e adiantou que serás destinadas a familias que o precisen.