Escoitar

O alcalde pon en valor o avance das obras do complexo deportivo e da escola infantil de Navia

As obras de construcción do complexo deportivo e da escola infantil de Navia avanzan a bo ritmo, segundo avanzou esta mañá de luns o rexedor. Tal e como indicou, o novo centro escolar podería estar operativo a comezos do ano que ven.

luns, 16 xuñ 2014
1402919081alcalde2.jpg
Abel Caballero explicou hoxe luns que as obras do novo complexo deportivo de Navia van a "velocidade de crucero" polo que esta zona de Vigo contará nos próximos meses cunhas instalacións deportivas que incluirán 8 pistas de pádel, unha pista polideportiva, un campo de fútbol 7, 4 salas de actividades, unha sala "fitness", unha piscina de 25x12.5 metros, outra de aprendizaxe e unha de tratamento con chorros. Ademais, inclúe un acceso peatonal ao centro deportivo polo lado norte, cunha grande plaza que unificará os accesos ao pavillón polideportivo e ó campo de fútbol. Contará con 2 aparcamentos e zonas verdes. Caballero deu coñecemento de que xa se están facendo acopios precisos e de que o proxecto xa comezou a súa andadura.

En rolda de prensa, tamén se referiu a escola infantil que se está a construir en Navia e que vai estar operativa a comezos do próximo ano, precisou o rexedor, quen deu conta dunha pequena modificación do proxecto inicial, sen coste para o Concello, dado que os sondeos reflictían unha resistencia no chan que non se correspondía coa realidade nalgunhas zonas.

Asfaltados
O alcalde deu conta hoxe mércores dos traballos de asfaltado que xa se están a acometer nas rúas Juan Ramón Jiménez e rúa Paz, as últimas dun lote de 13 rúas que se asfaltaron no casco urbano: Tomás Paredes, Túnel Traviesas, Gerona, José Frau, Don Quijote, Sergio Saborido, Cachamuíña, Caracas, San Amaro, Heraclio Botana e Ricardo Portela. O rexedor tamén se referiu aos traballos de renovación do pavimentado que se realizaron en todas as parroquias da cidade: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Sárdoma, Saiáns, Teis, Valladares y Zamáns.

Temén se realizaron melloras de firme Bacheos na VG 20, Cañiza, Manuel de Castro, Laxe, Rotonda Porto Pesquiero, Caramuxo, Rúa Castro, Gaiteiro Ricardo Portela, Llorente, Marqués de Valterra, Venezuela, Plaza de España, Manuel Olivié, Marqués de Alcedo, Couto, Alvaro Cunqueiro, Arzobispo Gelmírez, Carriles laterales de Avenida Madrid, Gran Vía, Avda Castelao, Florida, Rúa Conde, Eugenio Arbones, Urzáiz, República Argentina Plaza Fernando el Católico, Travesía de Vigo, Alfonso XIII, Avenida Atlántida, Balaídos, Buenos Aires, Camelias, Cánovas del Castillo, Cervantes, Coutadas, Eduardo Cabello, Extremadura, García Barbón, Hispanidad, Jacinto Benavente, Lepanto, Médico José Mato, Pablo Iglesias, Pastora, Pintor Laxeiro, Porriño, Portela, Puerto Rico, Ramón Nieto, San Amaro, San Gregorio, Sanjurjo Badía, Tomás Alonso, Tomás Paredes, Vázquez Varela e Vía Norte. Estes traballos supuxeron un orzamento de máis dun millón de euros.
Descargar todas as imaxes