Escoitar

Presentación da triloxía "Ámote Leo A.", de Rosa Aneiros

O mércores, 18 de xuño 2014 no Centro de Documentación e Recursos Feministas ás 19.00 horas, terá lugar a presentación da triloxía "Ámote Leo A.", de Rosa Aneiros. No acto estará a autora e Anaír Rodríguez de ed. Xerais

mércores, 18 xuñ 2014
1403079780amote.jpg
Destino xalundes Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla e Leo marcha soa... Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño...

Estación de tránsito Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día.

Terminal de...chegadas? «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite
de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental...
Descargar todas as imaxes