Escoitar

O goberno local reforzará o transporte público cara á Samil a noite de San Xoán

O próximo luns 23 de xuño, festividade de San Xoán, sairán autobuses desde Policarpo Sanz, Lloróns, Praza de España e Praza América cara a Samil cunha frecuencia de 10 minutos desde as 18,00 horas. Durante a noite, haberá un servizo especial de Vitrasa comunicando o centro coas praias cada 15 minutos.

mércores, 18 xuñ 2014
O goberno local ten un especial interese en que os desprazamentos da noite de San Xoán se realicen en trasporte público para o que se porá en marcha un operativo de reforzo a partir das 18,00 horas do día 23 para desprazar aos usuarios a Samil coas liñas regulares desde os principais puntos da cidade: Policarpo Sanz, Lloróns, Praza España e Praza América. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, na noite de San Xoán funcionará un servizo especial de VITRASA durante toda a noite comunicando o centro con Samil, cunha frecuencia de 15 minutos (Samil-Castelao-Paseo de Alfonso-Policarpo Sanz-nudo de Isaac Peral). O rexedor avogou polo uso de transporte público na noite "máxica" de San Xoán, lembrando que o ano pasado fixeron uso do autobús un total de 4.600 usuarios o que supón unha utilización "moi masiva".

Para máis información, os asuarios poderán consultar na propia flota de vehículos de VITRASA e na web da propia compañía que xa facilitan información deste dispositivo especial.