Escoitar

O Concello habilita 3 oficiñas para solicitar o programa municipal de axudas de aloxamento, subministros e alimentación

Co obxectivo de axilizar as solicitudes para o programa municipal de axudas extraordinarias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, o Concello ampliará as UBAS de Martínez Garrido e Coia os puntos de recollida de documentación que se suman á oficiña da Lonxa do Concello que xa funcionaba. Así o explicou o rexedor hoxe nunha rolda de prensa na que lembrou que o prazo de solicitude remata o 14 de xullo ás 13,30 horas.

mércores, 18 xuñ 2014
O goberno local decidiu ampliar os puntos de recollida de documentación para solicitar as axudas extraordinarias de aloxamento, alimentación e subministros de xeito que ás oficiña da Lonxa do Concello, súmanse as UBAS de Martínez Garrido e Coia. Tal e como explicou o rexedor, trátase de axilizar o proceso dado o importante número de persoas que se prevé soliciten estas achegas. No día de onte, primeiro día de prazo para solicitalas, arredor de 400 persoas se interesaron polos requisitos. O alcalde reiterou que o prazo de solicitude remata o 14 de xullo ás 13,30 horas, ao tempo que enfatizou que "Vigo é o único concello galego cun programa social coma este".

Durante a rolda de prensa, deu conta da entrega esta semana de 79 axudas de emerxencia por un importe de 15.449 euros, para axudas de aloxamento, alimentación e subministros. En total, concretou, nas últimas catro semanas concedéronse 319 axudas de emerxencia, por un importe superior aos 66.000 euros.