Escoitar

O rexedor súmase ás críticas dos profesionais que denuncian a falla dun laboratorio no novo hospital

Abel Caballero sumouse hoxe ás críticas dos profesionais da sanidade pública que critican que o futuro hospital de Vigo non contemple laboratorios. Cualificou de "escándalo" que as mostras dos pacientes teñan que ser trasladadas ao Meixoeiro ou "eventualmente" a un laboratorio privado.

xoves, 19 xuñ 2014
1403179081sanidad.JPG
Abel Caballero aceptou onte a petición dos profesinais da sanidade pública que onte mércores lle pediron que se convertira no seu voceiro nas súas críticas a que o novo hospital de Vigo non teña servizo de laboratorio. Logo de manter un encontro cunha veintena de responsables da área de análise de distintos centros da cidade, Caballero amosou a súa preocupación porque "aquel que ía a ser un gran hospital, terá a metade do tamaño do previsto, no terá referencias, nen laboratorio".

O traslado das mostras ao Meixoeiro ou a un centro privado suporá un inconvinte para usuarios e facultativos, ademais de implicar a perda do sistema de trasplantes de médula , o único que funcionaba en Vigo, que non poderá realizarse no novo hospital sen laboratorio. A esta supresión, subliñou, hai que engadir a xa consumada desaparición da área cardíaca Caballero defendeu, unha vez máis, a sanidade pública de 300.000 viguesas e vigueses do que cualificou un "novo ataque ao sistema sanitario de Vigo".
Descargar todas as imaxes