Escoitar

Ata o 24 de xuño está aberta a preinscripción nos obradoiros monográficos de verán 2014 da Escola municipal de teatro

Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecerlles aos futuros alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán sobre materias como creación teatral, interpretación ante a cámara (cine ou tv) e teatro musical. Terán unha compoñente fundamentalmente práctica e están destinados a persoas maiores de 15 anos, actores, actrices, animadores teatrais, directores/as teatrais, bailaríns/as e afeccionados ao teatro.

xoves, 19 xuñ 2014
1403170950teatrovigo.jpg
O primerio obradorio "CREACIÓN TEATRAL", desenvolverase entre o 30 de xuño e o 4 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. Este curso consiste na creación de espectáculos de pequeno formato a partir dunha idea concreta e ata a posta en escea da mesma ao finalizar o obradoiro.

O segundo obradoiro "INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA", desenvolverase entre o 7 e o 11 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro ten como obxectivo iniciar ao alumnado nas técnicas de interpretación e comunicación ante a cámara de cine ou tv, así como o estudo de todos os elementos básicos que interveñen nela.

O terceiro obradoiro "TEATRO MUSICAL", desenvolverase entre o 14 e o 18 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. Este obradoiro adxudica a mesma importancia á música, á danza e á interpretación, complementando estas disciplinas con materias teórico-prácticas.

O prazo de preinscrición está aberto ata o vindeiro martes, 24 de xuño.

As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87-interior) en horario de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres, podéndose descargar a ficha de preinscrición no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo, na páxina hoxe.vigo.org/emt

Para máis información, pódese contactar co teléfono 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org. A publicación dos admitidos será o día 25 de xuño e a formalización de matrícula realizarase entre os días 26 e 27 de xuño. O prezo de cada curso é de 47,60 euros.
Descargar todas as imaxes