O alcalde asegura que a "práctica totalidade" dos comedores sociais de Vigo corren a cargo do Concello
Abel Caballero mantivo este venres unha reunión coa responsable de AFAN, Hortensia González, entidade coa que o goberno de Vigo ten unha relación "moi fluida". O alcalde recordou que os apoios municipais aos comedores sociais da cidade se aproximaron ao medio millón de euros.
"Nun momento de crise como o actual, mantemos a presión das axudas" para os comedores sociais da cidade, afirmou Caballero, quen salientou que "a práctica totalidade do financiamento dos comedores sociais en Vigo corre a cargo do Concello".
O alcalde recordou que o goberno que preside apoia a labor social de AFAN con 55.000 euros, ademáis dos 57.000 concedidos aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, outros 23.000 euros ao Comedor da Esperanza, 43.000 euros para o Banco de Alimentos e 45.000 euros para Vida Digna.
Descargar todas as imaxes