Inscrición nas actividades da "Academia de Sons"
O Festival de Jazz IMAXINA SONS'14 oferta o programa "Academia de Sons", que terá lugar do 30 de xuño ao 3 de xullo no Marco (r/ Príncipe, 54), cunha serie de actividades lúdicas que teñen por obxectivo aprender, experimentar e divertirse. A inscrición para estas actividades será gratuíta e realizarase exclusivamente a través do servizo do 010 (ou 986.810.260 se chama dende fóra de Vigo ou dende móbil), dende o venres día 20 ata as 14:00 h do venres 27 de xuño.
As actividades ofertadas, que terán prazas limitadas, serán as seguintes:
- Superplayback. Luns 30 xuño, de 11:00 h a 14:00 h.
Un obradoiro para mamás, papás, nenas e nenos. O obxectivo: gravar un videoclip en familia. Un membro da familia é o protagonista; o outro o realizador. Primeiro gravaremos son e despois imaxe. Imparten: Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite). Prazas: 20.
- Encontro con Pierre Bastien. Martes 1 xullo, de 11:00 h a 13:00 h.
Un dos pioneiros da electrónica e das orquestras de autómatas percorre a historia da arte sonora. Unha oportunidade única para músicos, estudantes e afeccionados. Recomendado especialmente para estudantes de música e arte, músicos e afeccionados á música experimental. Prazas: 20.
- Obradoiro de instrumentos insólitos. Mércores 2 xullo, de 11:00 h a 13:00 h.
Un obradoiro para que nenas, nenos e adultos compartan a construción de instrumentos de vento a partir de materias de uso cotiá. Recomendado especialmente para que interactúen persoas de diferentes idades polo que se solicita a participación de mamás, papás, avós, avoas…Recomendado para público familiar. Imparte: Xavi Lozano. Prazas: 20
- Obradoiro "Ningún son é inocente". Xoves 3 xullo, de 11:00 h a 13:00 h.
Un taller práctico sobre tecnicas de improvisación non idiomática, centrándose principalmente na escoita (individual e colectiva) e nas posibilidades sonoras do noso instrumento. Imparten: Pablo Rega (guitarra) e Javier Carmona (batería). Recomendado para músicos e estudantes de música a partir de 12 anos, con instrumento. Prazas: 15.
A maiores, o programa inclúe o venres 4 de xullo, ás 13:00 h, na zona traseira do MARCO, un concerto aberto a todo o público: Os Superhércules, que percorre a través dos "superheroes" a historia da música, con chiscadelas, como non, ao jazz. Un espectáculo da Hércules Brass Band na que nenas, nenos e adultos non se deixarán de sorprender e divertir.
Descargar todas as imaxes