O Concello facilitará un local e apoio co plan de emprego á Asociación galega de Enfermidades Neuromusculares
O alcalde de Vigo verificou hoxe que a Asociación galega de Enfermidades Musculares precisa dun local máis amplo para poder atender aos seus usuarios. Así o explicou o propio rexedor nunha rolda de prensa posterior á visita que realizou hoxe venres ás instalacións que o colectivo ten na rúa Párroco José Otero.
Abel Caballero achegouse esta mañá as instalacións da Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares (ASEM) en Vigo, na rúa Párroco José Otero, onde poido comprobar que o local do que dispoñen lles queda pequeno aos usuarios. Logo da visita, na que estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, o rexedor comprometeou o apoio do goberno local ou ben para cederlles un local municipal ou ben para axudarlles co pago dun aluguer. Tamén lles ofertou o Plan de Emprego para poder contratar persoal de apoio.
Descargar todas as imaxes