O Concello colabora con Nós Mesmas na organización dunha semana actos pola festa do Orgullo
Este luns comezan as actividades coa izada da bandeira no Concello e a celebración dun obradoiro na Casa das Mulleres. O día central será o sábado, 28 de xuño, coa manifestación "Polos Dereitos Humanos LGTB" e a Festa Orgullosx na Praza da Pedra. A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, animou á participación para defender os dereitos do colectivo.
Este luns deu comezo a celebración do Orgullo Vigo 2014 co izado da bandeira no Concello de Vigo, unha serie de actos reivindicativos que se alongarán durante toda a semana e terán a súa xornada principal o próximo sábado, cunha manifestación e festa na Praza da Pedra. Isaura Abelairas e Raquel Cordeiro, en representación de Nós Mesmas, presentaron hoxe a festa do Orgullo ante os medios de comunicación.
Ás 20 horas deste luns, a Asociación Nós Mesmas -organizadora coa colaboración do Concello de Vigo do evento, xunto ao apoio dos comerciantes e hosteleiros do Casco Vello- programa na Casa das Mulleres un obradoiro de autoerotismo femenino. Mañá martes terá lugar unha lectura aberta na Praza da Constitución ás 18 horas e a presentación do libro "Sangue Doce" no Plaff, ás 20 horas.
O mércores, ás 19 horas, mostra das curtametraxes "La Pecca Selección" no MARCO, e o día seguinte, xoves 26 de maio, á mesma hora, unha mesa redonda dos dereitos LGTB na Biblioteca Central de Vigo. A programación pola semana comprétase con contacontos infantís na Praza da Constitución -o venres, ás 19:30h- e cun encontro-xantar en Alcabre, ás 13 horas do domingo. Ao longo da presente semana, o público interesado ten a súa disposición unha mostra fotográfica na Praza da Princesa e outra exposición na Biblioteca Pública.
O sábado, 28 de xuño, será o día central dos actos programados para a celebración do Orgullo. Con saída ás 20 horas do cruce de Urzáiz con Colón, unha manifestación percorrerá as rúas do centro da cidade baixo o lema "Polos Dereitos Humanos LGTB", ata rematar na Praza da Pedra. O pregón correrá a cargo de Beatriz Suárez Briones, ás 21:15h, dando paso á Festa Orgullosx na Praza da Pedra, desde as 21:30h, coa participación de "La Prohibida" e o DJ Pablo Senra.
A manifestación quere denunciar a situación na que se atopan as persoas LGTB en lugares do mundo como Rusia, as violacións correctivas en Sudáfrica, as modificacións de Constitucións na Unión Europea para impedir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a existencia de sete países con pena de morte por homo ou transexualidade e 77 con algún tipo de condea. Tamén se pretende denunciar a peor situación de España, cun modelo político e social que deixa unha cidadanía de primeira e outra de segunda e onde a sanidade, a educación e a igualdade deixan de ser Dereitos Humanos Fundamentais para convertirse en privilexios duns poucos, segundo expuxo ante os medios Raquel Cordeiro, en representación de Nós Mesmas.