Caballero subliña o "éxito" de Volotea que xa vendeu o 60% dos billetes a Mallorca, Ibiza e Valencia

Volotea iniciou hoxe o voo a Palma de Mallorca, unha conexión que se une á de Ibiza e Valencia que arrancaron este mesmo mes. Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, xa está vendido o 60% dos billetes o que refrenda que "cando en Vigo hai oferta de voos de baixo custo, a xente viaxa".

luns, 23 xuñ 2014
Abel Caballero deu conta hoxe luns do inicio da conexión de Vigo-Palma de Mallorca que comezou a operar Volotea, un voo que se suma ao de Ibiza e Valencia, que xa estaban en funcionamento. En rolda de prensa, destacou o "expectacular éxito" destas conexiones que xa supeeraron o 60% da venda de billetes para este verán o fai prever que se vai superar o 80% de ocupación, "algo excepcional", apuntou. Estas cifras demostran, na súa opinión, que "cando en Vigo hai oferta de baixo custo, a xente viaxa" e o problema do aeroporto de Vigo é a competencia deslelal que se lle fai desde outras terminais que reciben axudas públicas.