Escoitar

Comeza a programación de "No verán...un conto"

O Centro de Interpretación da Oralidade leva a diferentes recunchos da cidade a palabra viva contada e improvisada: contos, lendas, regueifas, cantos...e o mércores 25 ás 20.00 h na praza da Independencia a Tropa de Trapo vai representar "A viaxe das palabras"

martes, 24 xuñ 2014
1403604482aviaxedaspalabras.jpg
"A viaxe das palabras" narra a historia de Lucía que descobre unha maleta vella do seu avó a quen non chegou coñecer. É todo o que do seu avó lle quedou. Mais súa nai e seu pai non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis prezados do seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide investigar o que hai dentro...

Dende aquela, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de treboadas que meten medo, de homes e mulleres que viaxan na procura do lume e de foguetes especiais feitos na casa.
A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka ou mesmo de frautas traídas da arredada China.
Descargar todas as imaxes