xoves, 30 xuñ 2016
O Urban Market Progreso 41, o primeiro mercado urbano de Galicia, abriu este xoves as súas portas cunha oferta gastronómica, cultural e de ocio distribuída en 2.500 metros cadrados. Abel Caballero percorreu as instalacións que dispoñen dunha vintena de postos con oferta gastronómica tradicional e novidosa, unha ludoteca, espazos para propostas culturais, intervencións artísticas e postos de venta temporais para as creacións de emprendedores e deseñadores. O alcalde referiuse ao mercado como un "gran proxecto lúdico gastronómico" e un "lugar de encontro da cidade, que Vigo precisa" e agradeceu o esforzo de todas as persoas implicadas na súa posta en marcha, a quen felicitou pola iniciativa.
martes, 14 xuñ 2016
O de Bouzas abrirá o 3 de xullo e o da Bouza, en Coia, tres días despois, segundo anunciou Caballero hoxe martes. O rexedor explicou que xa está aberto o prazo para que os vendedores soliciten no Concello unha autorización provisional para traballar, seguindo o procedemento legal establecido.<br />
luns, 13 xuñ 2016
Abel Caballero supeditou este luns a data definitiva de apertura -que anunciará mañá martes- a unha reunión cos responsables policiais e da área de comercio do Concello de Vigo, mais avanzou que "a miña intención" é comezar co de Bouzas este mesmo domingo.
venres, 20 mai 2016
Nunha reunión cos responsables da Asociación de Comerciantes do Berbés, Abel Caballero trasladou o visto bo ao proxecto de dotar ao Mercado do Berbés dun ámbito de degustación e espazos para a gastronomía. O rexedor asegurou colaboración para finalizar a remodelación e adaptar as superficies a este novo modelo de mercado.
luns, 16 mai 2016
Os comercios do Casco Vello e Bouzas poderán ampliar o seu horario habitual logo do "acordo significativo" acadado entre o Concello e os representantes do pequeno e mediano comercio vigués. Abel Caballero informou este luns do resultado das reunións mantidas para establecer unha zona de liberalización horaria que non prexudique aos pequenos e medianos establecementos.
mércores, 11 mai 2016
Os sete mercados de Vigo súmanse por segundo ano consecutivo á campaña internacional "Love your local market" que se desenvolve na segunda quincena de maio co fin de promover os produtos locais a través de diferentes actividades.
xoves, 5 mai 2016
Abel Caballero anima toda a cidade a participar entre o 6 o 22 de maio no Terceiro Petisquiño de As Travesas. Esta nova edición desta ruta de tapas é unha oportunidade excelente para facer economía e manter o pequeno comercio apostando pola calidade, o bo prezo e a cercanía.
xoves, 5 mai 2016
Abel Caballero asistiu á inauguración do Mercado de Sabores de Mahou na Estación Marítima de Vigo que ofrece durante catro días demostracións gastronómicas, clases maxistrais e degustacións de tapas coa participación de varios chefs con estrelas Michelín e doce establecementos hostaleiros.
xoves, 28 abr 2016
Dende este xoves está en funcionamento o novo mercado, que foi sometido a obras de actualización por valor de case 5 millóns de euros co fin de darlle mellor servizo a toda a cidade. O rexedor destacou a importancia da obra e o esforzo dos profesionais para acometela a augurou "un grande éxito" ao espazo que ademais ofrecerá actividades de ocio e gastronomía.
venres, 22 abr 2016
O goberno de Vigo ultima os traballos no novo mercado do Progreso, que será inaugurado a próxima semana cun investimento de case cinco millóns de euros. Abel Caballero, que visitou este venres o inmoble, explicou que a reforma contempla dous sotos para aparcamento, unha pranta para o mercado, outra para supermercado e unha praza pública superior con café-restaurante.