Máis de 200 locais comerciais de As Travesas participan no Terceiro Petisquiño entre o 6 e o 22 de maio
Abel Caballero anima toda a cidade a participar entre o 6 o 22 de maio no Terceiro Petisquiño de As Travesas. Esta nova edición desta ruta de tapas é unha oportunidade excelente para facer economía e manter o pequeno comercio apostando pola calidade, o bo prezo e a cercanía.
O Concello de Vigo colabora unha vez máis cos hostaleiros e comerciantes de As Travesas na posta en marcha deo Terceiro Petisquiño. Unha veintena de locais de hostalaría e máis de 200 comercios darán vida a este roteiro de pinchos entre o 6 e o 22 de maio. Tal e como explicou Caballero na rolda de prensa, hai dúas formas de partipar: ou ben directamente solicitando as tapas nos bares -a un prezo de 1,80 cada una-, ou ben facendo compra nalgún dos máis de 200 comercios adscritos ao programa. Deste xeito, o comprador recibirá un bono que lle permitirá tomar tres tapas a un prezo de 1 euro por unidade. Ademais, poderá participar nun sorteo dunha fin de semana no Hotel Talaso Atlántico de Oia.
Este evento forma parte dun gran calendario de rutas de tapas promovido polo Concello que se van ir organizando en Vigo ao longo de todo o ano, sen que coincidan as datas. Por primeira vez, elaborouse unha axenda anual coordinada entre restauración, hostalaría e comercio dos distintos barrios da cidade.
Na rolda de prensa de presentación tamén estiveron presentes o presidente de Feprohos, César Ballesteros e o presidente e a xerente de Aetravi, Víctor Fernández e Chus Sánchez, respectivamente.
Descargar todas as imaxes