xoves, 5 mai 2016
Abel Caballero anima toda a cidade a participar entre o 6 o 22 de maio no Terceiro Petisquiño de As Travesas. Esta nova edición desta ruta de tapas é unha oportunidade excelente para facer economía e manter o pequeno comercio apostando pola calidade, o bo prezo e a cercanía.
xoves, 5 mai 2016
Abel Caballero participou este xoves no acto de descubrimento dunha escultura de Enrique Peinador nas inmediacións da Escola de Empresariais, na rúa Torrecedeira, a iniciativa do Foro que leva o seu nome e coa colaboración do Concello. O obxectivo é render homenaxe á figura deste, en verbas do rexedor, "gran empresario e gran emprendedor, cunha visión de Galicia desde Vigo".
xoves, 5 mai 2016
Abel Caballero asistiu á inauguración do Mercado de Sabores de Mahou na Estación Marítima de Vigo que ofrece durante catro días demostracións gastronómicas, clases maxistrais e degustacións de tapas coa participación de varios chefs con estrelas Michelín e doce establecementos hostaleiros.
xoves, 5 mai 2016
A quinta edición da 10K Vigo Praia de Samil celébrase este domingo (10:30) cun milleiro de atletas inscritos. O Concello, por medio da Concellería de Deportes, patrocina esta carreira, unha das importantes do calendario atlético vigués.