O alcalde eloxia a figura de Enrique Peinador na colocación dun busto do empresario
Abel Caballero participou este xoves no acto de descubrimento dunha escultura de Enrique Peinador nas inmediacións da Escola de Empresariais, na rúa Torrecedeira, a iniciativa do Foro que leva o seu nome e coa colaboración do Concello. O obxectivo é render homenaxe á figura deste, en verbas do rexedor, "gran empresario e gran emprendedor, cunha visión de Galicia desde Vigo".
O Concello de Vigo respaldou a proposta do Foro E. Peinador de reivindicar a súa figura instalando un busto nas inmediacións da Escola de Empresariais, na rúa Torrecedeira.
Na súa interevención ante as autoridades, Abel Caballero subliñou o empeño de Peinador na formación dos traballadores e dunha burguesía para o progreso da área metropolitana viguesa e de Galicia, xunto a evolución da educación das escolas de oficios á Escola de Comercio e a actual Universidade de Vigo. O alcalde trazou o "recordo dun gran empresario, dun gran emprendedor, cunha visión de Galicia desde Vigo" e avogou por continuar no futuro co seu legado de modernidade.
Descargar todas as imaxes