Escoitar

Caballero anima a participar no espectáculo de "cor, ledicia e música" da Holi Run

O alcalde e a organizadora, Noemí Latorre, presentaron este mércores a nova edición da Holi Run, que este ano será o 15 de maio, ás 11 horas en Samil. Abel Caballero invitou á cidadanía a sumarse a esta "festa do running, da cor e da música" que prevé superar os 7.000 participantes de 2015.

mércores, 4 mai 2016
1462366948holi.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a organizadora da Holi Run, Noemí Latorre, presentaron este mércores unha nova edición deste evento na cidade, que pasa a celebrarse o 15 de maio, ás 11 horas, en Samil.

O rexedor vigués definiu a Holi Run como "a festa do running, da cor, da música e do excepcional", polo que agradeceu á organización a elección de Vigo como sede galega. De feito, Noemí Latorre apuntou que "seguimos fieis a Vigo" pese ao interese amosado por outras urbes galegas en acoller a proba. A organización prevé superar os 7.000 participantes de 2015, pois son xa máis de 5.000 os apuntados a día de hoxe, e salientou que lles consta que chega a Vigo xente de toda Galicia, de Euskadi e de Madrid para a cita.

Latorre explicou que, neste 2016, a Holi Run pasa a unha xornada máis estival -a edición do pasado ano tivo lugar o 25 de outubro- e presenta algunhas novidades, como o regalo dunha mochila aos inscritos, máis arcos de cor, booms de saída e máis booms de chegada.

Holi Run
É unha carreira de 5 quilómetros sen tempo, onde miles de participantes son asperxidos con diferentes pos de cores a cada quilómetro. É a primeira carreira de cores de España que xunta deporte, alegría, felicidade, música e, sobre todo, moita cor.

A diversión continúa ata o final, coa xigantesca festa de cor ou Holi Boom, onde todas as cores alagan o ceo ao son da mellor música. A Holi Run é un evento apto para todos: familias, grupos de amigos ou mesmo vir acompañados de mascotas. A proba pode realizarse correndo ou andando, segundo a preparación de cada un. Non é unha carreira competitiva e o principal obxectivo é a diversión dos participantes.

Os corredores poden acudir disfrazados para dar máis cor aínda á xornada. Na entrega de dorsais e tamén o mesmo día da carreira estará dispoñible o merchandising do evento, para que todos os participantes poidan contar cun toque Holi.

Serán máis de 10.000 quilos de pos de cores os empregados para bañar aos holi runners. O po procede da India e está composto de fariña de millo e colorantes naturais. Recoméndase usar lentes por precaución, aínda que non é tóxico, non produce alerxias, conta con certificados e está aprobado pola CE.
Descargar todas as imaxes