martes, 3 mai 2016
Abel Caballero e Salustiano Mato mantiveron un encontro este martes para tratar de darlle un novo impulso á Cidade do Mar, proxectada dende hai sete anos na ETEA, e que tamén contempla o uso da antiga residencia de militares como espazo para aloxamento de uso social. O Concello levará esta proposta ao próximo pleno de Zona Franca, propietaria dos terreos.
martes, 3 mai 2016
Caballero participou esta mañá na presentación do Vigo Street Stunts 2016 Body Extreme que se celebrará a súa segunda edición en Vigo os próximos 8,9 y 10 de xullo. En rolda de prensa, garantiu o apoio do Concello para eventos como este ou O Marisquiño que fomentan que Vigo se consolide como "un referente da cultura e dos deportes da mocidade".
martes, 3 mai 2016
O alcalde felicitou este martes a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño. Abel Caballero reiteroulles o compromiso do Concello co deporte feminino e animounas a seguir traballando para acadar novos éxitos. <br />
martes, 3 mai 2016
Os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán 335 actores e actrices noveis pertencentes a 11 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización III, Dramatización IV e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa alumnado, profesorado, familias e contorno.